ENLACES A RECURSOS EDUCATIVOS ELABORADOS POLO PROFESORADO DO COLEXIO.
Actividades de inglés para terceiro ciclo:
Fruits
Vocabulary
OS ALUMNOS DE 6º CURSO PARTICIPAN NO CONCURSO ECOVOZ.
Febreiro de 2013.
Unha representación do alumnado de sexto curso, Luis, Ana, Antía, Gabriela e Fabio, participaron no concurso ECOVOZ, xunto co Colexio Sobrado Nebra, de Porto do Son.
LORENZO MEIJÓN PAZOS CO SEU ACORDEÓN. Decembro de 2012.
Actividades de inglés para terceiro ciclo:
Fruits
Vocabulary
OS ALUMNOS DE 6º CURSO PARTICIPAN NO CONCURSO ECOVOZ.
Febreiro de 2013.
Unha representación do alumnado de sexto curso, Luis, Ana, Antía, Gabriela e Fabio, participaron no concurso ECOVOZ, xunto co Colexio Sobrado Nebra, de Porto do Son.
LORENZO MEIJÓN PAZOS CO SEU ACORDEÓN. Decembro de 2012.
O alumno de sexto curso, Lorenzo Meijón Pazos, ameniza a Festa de Nadal dos alumnos do 3º Ciclo o 20 de decembro de 2012.
EXPERIMENTOS CON AUGA FEITOS POLO ALUMNADO DE 5º CURSO DE PRIMARIA:
CURSO 2011 - 12.
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
CICLO HIDROLÓXICO
Terrario como modelo do ciclo da auga
|
LISTA DE MATERIAL
Botella de cristal ou plástico.
|
Pedras.
Area.
Terra para plantas.
|
Planta con raíz.
Recipiente con auga.
|
PROCEDEMENTO
· Abre a botella .
· Poñemos primeiro as pedras, despois a area e finalmente a terra, quedando tres capas ben diferenciadas.
· Plántase a planta dun lado e do outro lado ponse o recipiente cheo de auga.
· Régase o terrario e péchase a botella sen que poida entrar aire dentro dela.
· Colócao nun lugar onde lle de luz do Sol.
|
CONCLUSIÓNS
O Sol quentará a auga ata evaporala. O vapor subirá e se condensará na tapa e nas paredes da botella, logo caerá en forma de gotas (representa a chuvia). A auga filtrarase dando a planta a auga que necesita para sobrevivir, e o ciclo da auga repetirase unha e outra vez.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
AUGA LIMPA
|
LISTA DE MATERIAL
Un vaso.
Terra
|
Cunca grande
Unha pedra
|
Unha bolsa de plástico.
|
PROCEDEMENTO
· Verte na cunca 1 litro de auga aproximadamente.
· Agrega un pouco de terra e mestura ben.
· Coloca o vaso no centro da cunca.
· Pon a cunca dentro dunha bolsa de plástico e péchaa ben.
· Coloca a pedra sobre a bolsa, procurando que quede no centro do vaso, pero sen que a bolsa toque o vaso.
· Deixa o “purificador de auga” baixo a luz do sol durante todo o día.
|
CONCLUSIÓNS
Pola acción dos raios de sol, a auga sucia dentro da cunca evapórase e elévase ata atoparse coa bolsa, onde condénsase e regresa ao estado líquido. A pedra fai co plástico baixe un pouco máis no centro da boca do vaso. Pola acción da gravidade, a auga condensada cae dentro do vaso, pero agora limpa, porque o único que se evapora son as moléculas de auga , porque na evaporación a auga libérase de contaminantes,
quedando na cunca os sólidos que estaban disoltos e suspendidos na mestura de auga sucia.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
DESALGAR A AUGA
|
LISTA DE MATERIAL
Un vaso.
Sal.
|
Terra.
Cunca grande
|
Unha pedra.
Unha bolsa de plástico.
|
PROCEDEMENTO
· Verte na cunca 1 litro de auga aproximadamente.
· Agrega unha cantidade considerable de sal e mestura ben.
· Coloca o vaso no centro da cunca.
· Pon a cunca dentro dunha bolsa de plástico e péchaa ben.
· Coloca a pedra sobre a bolsa, procurando que quede no centro do vaso, pero sen que a bolsa toque o vaso.
· Deixa baixo a luz do sol durante todo o día.
|
CONCLUSIÓNS
Pola acción dos raios do Sol, a auga salgada dentro da cunca evapórase e elévase ata atoparse coa bolsa, onde condénsase e regresa ao estado líquido. A pedra fai co plástico baixe un pouco máis no centro da boca do vaso. Pola acción da gravidade, a auga condensada cae dentro do vaso, pero agora limpa, porque o único que se evapora son as moléculas de auga , quedando na cunca o sal.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO
COMO SE EXPANDE O XEO
|
LISTA DE MATERIAL
Un prato
Unha pipeta
|
Unha xiringa
Un rotulador
|
Plastilina
Auga
|
PROCEDEMENTO
· Sela o extremo inferior da pipeta cun pouco de plastilina para que non se salga a auga.
· Colle a pipeta e énchea de auga con axuda da xiringa..
· Amasa un pouco de plastilina sobre o prato para facer unha base para a pipeta e colócaa alí con moito coidado de non derramar a auga.
· Fai unha marca co rotulador para sinalar o nivel da auga.
· Coloca o prato coa pipeta no conxelador catro ou cinco horas.
|
CONCLUSIÓNS
Case todas as sustancias contráense cando se conxelan, coa auga sucede o fenómeno contrario.
O nivel da auga subiu agora que está conxelada. As moléculas da auga presentan unha estraña reacción ao conxelarse. Elas únense formando unha estrutura hexagonal, que ocupa máis espazo que cando están en estado líquido.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
FORMACIÓN Do LAZO/CADORNO/CARAMBELO
|
LISTA DE MATERIAL
1 recipiente de lata sen a tapa.
|
4 ou 5 cubiños de xeo.
|
Unha culleriña de sal (5g).
|
PROCEDEMENTO
· Colocamos os cubiños de xeo no interior da lata.
· Engadimos a culleriña de sal.
· Removemos rapidamente coa culler.
|
CONCLUSIÓNS
Os cubiños de xeo fan que a lata se arrefríe. Ao agregar o sal, o xeo se derrete máis rapidamente e a temperatura baixa aínda máis. As diminutas pingas de auga que existen no aire adhírense á superficie exterior da lata e conxélanse de inmediato, formando así a capa de lazo.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
DENSIDADE DA AUGA
|
LISTA DE MATERIAL
2 vasos transparentes
|
auga
sal
|
2 ovos crus
|
PROCEDEMENTO
· Encher un dos vasos ata un pouco máis arriba da metade con auga fresca e colocar nel un ovo.
· Agora colocamos a mesma cantidade de auga no outro vaso e agregamos entre 1/4 e 1/2 media cunca de sal, revolvéndoa moi ben ata que se disolva.
|
CONCLUSIÓNS
Que sucede no 1º vaso?
O ovo é máis pesado que a auga e vaise inmediatamente ata o fondo do vaso.
Que sucede no 2º vaso?
Esta flota, se o empuxamos cara ao fondo, el volverá subir. Á auga agora é moito máis densa e sostén ao ovo sen dificultade.
A auga doce é menos densa que a auga salgada, é fácil notar a diferenza cando tratamos de flotar nunha piscina ou un lago ou tratamos de facelo sobre a superficie tranquila do mar. É moito máis fácil flotar sobre a auga salgada.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
EROSIÓN DAS ROCHAS
|
LISTA DE MATERIAL
Varios anacos de ladrillos
|
Unha botella de plástico con tapa.
|
Auga.
|
PROCEDEMENTO
· Introduce varios anacos de ladrillo dentro da botella.
· Aparta uns cantos para comparar despois.
· Enche a botella con auga e tápao moi ben.
· Axita a botella polo menos unhas 100 veces. Pide axuda.
· Despois destapa a botella saca os anacos de ladrillos e compáraos cos que deixaches fora.
|
CONCLUSIÓNS
A erosión provocada por a auga e o constante roce dos anacos de ladrillo uns con outros fixeron cos bordos afiados desaparezan, dando aos anacos un aspecto máis liso e suave.
O mesmo acontece cas rochas dos ríos e arroios, que son arrastradas e erosionadas por as correntes. Esta é a explicación de por que as pedras que atopas nun monte ou campo son rugosas e ásperas, en cambio, as que atopas nos ríos ou arroios son lisas e tersas.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
A PEL DA AUGA
|
LISTA DE MATERIAL
Un prato de polo menos 20 centímetros de ancho.
|
Auga
7 escarvadentes
|
Xabón líquido para lavar os pratos
|
PROCEDEMENTO
· Coloca o prato nunha superficie plana e énchea con auga. Espera a que a auga deixe de moverse.
· Con moito coidado coloca 6 dos escarvadentes sobre a superficie da auga dirixindo as súas puntas cara ao centro, coma se fosen os raios do sol. O escarvadentes restante utilízalo para organizar os demais.
· Deixa caer unha pinga de xabón no centro do prato.
|
CONCLUSIÓNS
Aínda que pareza estraña a auga ten unha superficie elástica. Neste experimento podes ver como funciona esta estraña pel.
As moléculas de auga que se atopan na superficie tenden a unirse entre si, formando unha “pel” elástica, chamada tensión superficial. Os escarvadentes flotan sobre esta pel.
Ao deixar caer a pinga de xabón no centro debilita a pel e recóllese cara aos lados do prato e os escarvadentes móvense tamén cara a fóra.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
VENTO E ONDAS
|
LISTA DE MATERIAL
-Unha bandexa do forno.
|
-Unha palliña.
|
-Auga.
|
PROCEDEMENTO
· Enche a bandexa de auga.
· Tapa a palliña por un extremo e coloca a outra cerca da auga.
· Sopra sobre a superficie da auga a través da palla, unhas veces con forza e outras suavemente.
· Repite a operación varias veces, variando a forza e o intervalo dos teus sopridos.
|
CONCLUSIÓNS
Cando sopras fórmase correntes na superficie da auga. O aire empuxa a auga, formando ondas, a forza crece cando aumentamos a velocidade do aire.
O mesmo ocorre coas ondas que hai no mar. O vento coa súa gran forza empuxa a auga formando as ondas.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
FORMACIÓN DAS NUBES
|
LISTA DE MATERIAL
Cravo groso
Martelo
|
Botella transparente con boca estreita. Tapón de cortiza.
|
Auga moi quente
|
PROCEDEMENTO
· Pídelle a un adulto que faga un buraco a cortiza co cravo e o martelo.
· Debemos enxagoar a botella con auga moi quente (por fora).
· Tapamos a botella.
· Sopramos todo o aire que podamos a través do buraco do tapón.
· Agora, tapamos inmediatamente o buraco co dedo para que non escape o aire (quente) e mantemos pechado por un momento.
· Finalmente, quitamos o dedo e o tapón.
|
CONCLUSIÓNS
As nubes están feitas de pequenas pingas de auga que flotan no aire, e fórmanse cando o aire quente e húmido atópase con aire máis frío.
Cando sopraches na botella, que xa estaba quente a causa do baño con auga quente, formouse vapor de auga, aire quente e húmido que ven de teus pulmóns. Este aire ten unha temperatura e unha presión máis alta co aire que lle rodea . Cando destapas a botella entra aire máis frío e a menor presión, o que fai que este aire se converta nunha pequena nube, visible brevemente.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
COMO SE FORMAN OS GEISER
|
LISTA DE MATERIAL
Embude
Mangueira
|
Frasco ou recipiente onde caiba o embude
|
Auga
|
PROCEDEMENTO
· Enche o frasco con auga.
· Pon o embude coa boca ancha cara abaixo.
· Pon a mangueira debaixo do embude.
· Sopra pola mangueira.
|
CONCLUSIÓNS
A auga sae como un chafariz polo embude.
Soprar debaixo do embude forza as burbullas de auga a saír pola parte de arriba. Os geiser ou mananciais son rachaduras dentro da cortiza terrestre cunha cavidade ancha dentro da terra e unha cheminea ata a superficie.
Cando a auga nas profundidades da terra quéntase, as burbullas e o vapor entran a presión no túnel de saída e son forzadas a saír formando unha gran fonte.
Algúns geiser fan erupción cada poucos minutos, mentres que outros poden demorarse anos entre unha erupción e outra.
|
FOTOS
TÍTULO DO EXPERIMENTO OU ACTIVIDADE
CONSTRÚE UN POZO
|
LISTA DE MATERIAL
-A metade inferior dunha botella de plástico de 2 litros.
-1 vaso de auga.
-Un pau
|
-Pedras.
-Grava.
-Un pouco de terra.
-Un anaco de tea de mosquiteiro (de plástico).
|
- Un atomizador de auga.
-Fita adhesiva. impermeable.
-2 pingas de colorante.
|
PROCEDEMENTO
· Envolve o atomizador coa tea de mosquiteiro e asegúraa coa fita adhesiva.
· Colócao dentro da botella cortada, asegúrate de que chegue ata o fondo.
· Enche a media botella coas pedriñas ata as súas 3/4 partes, mantendo o pau en posición vertical.
· Coloca sobre as pedriñas unha capa delgada de terra.
· Baleira a auga do vaso plástico con moito coidado dentro da media botella por un dos seus costados. A auga só debe cubrir as pedras non a terra.
· Acciona o atomizador, saca a auga do teu “pozo” e colócaa no vaso que estaba baleiro; observa como sae a auga.
· Logo, disolve o colorante no vaso de auga e agrégaa novamente na botella por un dos seus costados, como o fixeches coa auga limpa.
· Procede novamente a extraer a auga do pozo.
|
CONCLUSIÓNS
Como podes apreciar, a media botella coas pedriñas e terra simulaba un pozo escavado no chan; o cilindro de tea e o atomizador cumpre a mesma función que unha bomba. Ao extraer auga da primeira vez, esta sae limpa; con todo, ao colocar a auga con colorante o que se extrae é auga con cor ou sucia. É o mesmo que ocorre nun acuífero real; cando no subsolo infíltranse contaminantes, as augas subterráneas vense afectadas e os pozos producen augas sucias.
|
FOTOS
As alumnas de 5º curso, Talía e Kalkidam, elaboraron este corto empregando a técnica "stop motion".
No hay comentarios:
Publicar un comentario