Vídeo realizado co alumnado do Primeiro Ciclo de Primaria, formando parte das actividades que o CEIP de Carballedo realiza dentro do Proxecto Comenius.
[Xaneiro, 2012] OS ALUMNOS DO 1º CICLO FAN UN MURAL DE PLASTILINA.
Despois de traballar durante unha semana o vocabulario sobre os animais, o grupo de 1º ciclo elaborou, coa axuda da súa profesora Sandra e o profesor de apoio Marcos, un mural en plastilina que representa unha granxa. Deste xeito, os nenos materializan os seus coñecementos adquiridos nesa semana adicada aos animais. Na foto, os alumnos diante do seu mural.
[Abril, 2011] CONTO: "UN FÚTBOL DE PASIÓN".
Era un partido de fútbol no que xogaban o Barça contra o Real Madrid.
Entón empezou o partido, e sacaba o Real Madrid. E Ramos pasoulla a Cristiano, e el a Kaká. Pero Pujol quitoulle o balón e foi gol do Barça.
Entón empezou a choiva de aplausos.
Silvia Ogando Pousada 1º ciclo, segundo curso.CONTO: "O PEQUENO COELLO".
Era una vez una fraga onde había moitos animais, como cervo s , esquíos, paxaros e unha coella. Ela tiña un coelliño.
Un día empezou a nevar. O coelliño saíu a xogar, pero perdeuse na neve.
A nai estaba moi preocupada. Chamou polo seu fillo. El non sabía o camino da casa.
Ao final atopáronse e foron felices para sempre.
Naiara Bouzas Sestelo, 2º de Primaria.[Xuño, 2011] Os nenos do Primeiro Ciclo fan deseños usando o programa Paint:
O espazo é infinito. Está cheo de soles e planetas. O caracol é un animal que me gusta. Chámome Cristina Torres Guteres e vou en 2º curso.
No hay comentarios:
Publicar un comentario