Xa sabedes que intercambiamos correspondencia co CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña). Como estamos en decembro, toca enviarlles postais e unha panxoliña. No vídeo da panxoliña participou todo o alumnado do centro.
Aquí tedes dúas mostras do vídeo. Un, con actuacións de cada grupo de alumnos e outros todos xuntos, para que se nos vexa. Feliz Nadal a todos.
2. A Luz do Nadal (actuación):