miércoles, 19 de diciembre de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PALABRA

O día 23 de novembro de 2012 celebramos o Día da Palabra. Todo o alumnado do colexio, reunido no salón do comedor, elaborou un marcapáxina co lema "És o que les". Os alumnos  máis pequenos foron axudados polos máis grandes.


sábado, 23 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO. XUÑO DE 2012.

O día 21 de xuño de 2012 realizouse a excursión de fin de curso, que esta vez consistíu en realizar a "Rota xacobea polo mar de Arousa e o río Ulla". Previamente, alumnos e profesores, pola mañá, visitaron Combarro e andiveron polo paseo de Pedras Negras, en San Vicente do Mar. Despois de comer no Monte Xiradella, collimos o barco no porto de O Grove, que, despois de levarnos durante dúas horas marabillosas pola ría de Arousa e o río Ulla, deixounos en Pontecesures.

domingo, 20 de mayo de 2012

DECORANDO PARAUGAS

O día 16 de maio de 2012 realizouse esta actividade, enmarcada no contexto do Proxecto Comenius, adicado este bienio á auga. Foi unha bonita experiencia, na que o alumnado máis grande axudou aos máis pequenos.

martes, 24 de abril de 2012

FLIP FLOP EN CARBALLEDO


Versión extendida (4min) do filme que o noso Centro elaborou como remate do proxecto bianual "Water, blue gold for life", enmarcado no Proxecto Comenius. A versión reducida desta curta de vídeo formará parte do filme conxunto elaborado polos colexios participantes, titulado "Flip Flop, the little drop story".

sábado, 17 de marzo de 2012

EU FALO GALEGO PORQUE ...

Aquí tedes a versión completa do vídeo promocional da Lingua Galega (8 minutos), realizado polo Equipo de Dinamización Lingüística do noso centro en marzo de 2012.