domingo, 11 de diciembre de 2011

TALLERES

Ao longo do curso 2012-2013 vanse ofertar tres talleres: deseño e pintura (profesora Sandra), marquetería (profesor Claudio) e cerámica (profesor Miguel). Ahí van unhas cantas fotos (todavía non temos fotos de marquetería, para o mes de abril, poñémolas):

Alumnos de 3º amosan unhas bandexas feitas coa técnica de incrustación, cerámica negra sobre cerámica branca:




Alumnos do taller de deseño e pintura (4º e 5º), decorando unha parede na salón da primeira planta do colexio:



Alumnos de 3º  con diversos obxectos elaborados para o Día do Pai (19 de marzo). Técnica: modelado a man da arxila branca e posterior aplicación de pigmentos e esmalte.








Talleres antigos:
Este curso 2011-2012 ofértanse dous talleres -Marquetería e Cerámica- para os alumnos do Segundo Ciclo de Primaria, é dicir, 3º e 4º cursos. Os alumnos de 5º curso participarán ata febreiro no taller de Cerámica.
Os profesores que imparten os talleres son Claudio Vidal (marquetería) e Miguel García (cerámica). Os alumnos de 5º están acompañados pola súa titora María Martínez.
_________

Os alumnos de 3º no Taller de marquetería (novembro de 2011):



__________

Mostra dos primeiros traballos de cerámica cos alumnos de 4º e 5º (novembro de 2011):








Algúns momentos do proceso de esmaltado das pezas (xaneiro 2012):





































































Detalles da confección dun colgante de arxila branca a partir dun modelo sobre papel (19-01-2012):




_______________________

Os alumnos de 3º curso incorporáronse ao taller de cerámica a partir de marzo de 2012. Aquí vemos a Adrián e Iván  na súa actividade.

Obxectos realizados polos alumnos de 3º curso no mes de maio, no que destacan os pequenos recipientes decorados, realizados coa mesma técnica que empregaban as viúvas pobres no Xapón -usaban o cóbado para darlle a forma- e así gañar algunhas moedas coa súa venda. Estes vasos eran empregados na antiga cerimonia do té.





viernes, 1 de julio de 2011

ESPAZOS NATURAIS DE GALICIA

Traballo realizado no ano 2010, polos alumnos de 3º curso de Primaria, co asesoramento da súa profesora titora María Martínez Mariño. O audiovisual orixinal dura 12 minutos, polo que, para poder colocalo no blog, tivo que ser cortado para que non superase os 10 minutos.

jueves, 30 de junio de 2011

AVES DE GALICIA EN PERIGO DE EXTINCIÓN.

Traballo realizado polos alumnos de 3º de Primaria e 2010, dirixidos pola súa profesora titora María Martínez Mariño.

domingo, 26 de junio de 2011

RÍOS DE COTOBADE

Vídeo, no que puxeron a súa voz os alumnos do Primeiro Ciclo de Primaria, dirixidos polo profesor de primeiro curso de Primaria, Marcos Neira Cabado.
Este vídeo forma parte das actividades do Proxecto Comenius, proxecto de colaboración internacional entre colexios de Francia, Noruega e Turquía e que este bienio desenvolve o tema da auga (Water, blue gold for Life).

EXCURSIÓN ÁS ILLAS CÍES

A excursión de fin de curso deste ano foi ás Illas Cíes. O día 21 de xuño alá foron alumnos de todos os niveis acompañados polos seus profesores. O tempo acompañou, estivo o ceo cuberto case todo o día, polo que Lorenzo non tivo ocasión para queimarnos.


miércoles, 8 de junio de 2011

INFORMATIVOS TELECARBALLEDO

Presentamos aquí o corto realizado no Taller de Cine durante o primeiro trimestre do curso 2010/11 coa participación dos alumnos de primeiro e quinto cursos de primaria.

Ver os primeiros 8 min. do vídeo.

viernes, 13 de mayo de 2011

VISITA Á PISCIFACTORÍA DE CARBALLEDO

No mes de abril todo o alumnado do CEIP de Carballedo visitou a Piscifactoría de salmónidos de Carballedo. O encargado explicoulles aos nenos as características principais desta Piscifactoría, que é unha das poucas que cría salmón en España.
Como anécdota curiosa, dicir que foron pescados varios salmóns en augas de Groenlandia ceibados nesta Piscifactoría.

miércoles, 11 de mayo de 2011

CORRELINGUA 2011

Este ano celebrouse outra edición desta famosa carreira popular en prol do idioma galego. O CEIP de Carballedo participou con todo o alumnado de Educación Primaria.