sábado, 18 de diciembre de 2010

CAMPAÑA DEPORTE ESCOLAR (Atletismo en Soutelo de Montes).

No mes de novembro de 2010 os colexios de Tenorio, Forcarei, Pontecaldelas, Soutelo, A Reigosa, Cerdedo e o noso (ademais dalgúns IES) participamos nas xornadas de Deporte Escolar nas pistas de A Magdalena, en Soutelo. Foi unha boa ocasión para a convivencia deste numeroso grupo de deportistas. Ao final da carreira, os organizadores servíuse un chocolate quente e un bolo.
Un feito deportivo a destacar foi a victoria de Nicolás fernández Sobral, alumno de 5º curso do noso colexio na súa categoría. Desde aquí dámoslle a noraboa a Nicolás, desexándolle que non esqueza a ilusión polo deporte.


viernes, 17 de diciembre de 2010

STOP MOTION VIDEO

Os alumnos de 6º curso Christian Ríos Meijueiro e Pedro Fernández Iglesias elaboraron ao longo do primeiro trimestre do curso un pequeno vídeo empregando a técnica "Stop motion", que consiste en enlazar fotos fixas sucesivas.
Ler máis información na Páxina do Terceiro Ciclo.