martes, 17 de diciembre de 2013

A LUZ DO NADAL. Decembro de 2013.

Xa sabedes que intercambiamos correspondencia co CEIP Plurilingüe de Tirán (Moaña).  Como estamos en decembro, toca enviarlles postais e unha panxoliña. No vídeo da panxoliña participou todo o alumnado do centro.
Aquí tedes dúas mostras do vídeo. Un, con actuacións  de cada grupo de alumnos e outros todos xuntos, para que se nos vexa. Feliz Nadal a todos.

1. A Luz do Nadal (todos xuntos).


2. A Luz do Nadal (actuación):

miércoles, 22 de mayo de 2013

REVISTA ESCOLAR. Curso 2012-13.

Por primeira vez a nosa Revista Escolar sae en formato dixital.



As nais e pais que queiran unha copia dixital da revista (en formato pdf) poden recollela no colexio ou baixala directamente premendo no menú DESCARGAS da páxina principal da WEB do colexio.

sábado, 20 de abril de 2013

AIRIÑOS CANTAREIROS. Versión curta en color.

Versión resumida e a color do vídeo publicado anteriormente.

viernes, 19 de abril de 2013

AIRIÑOS CANTAREIROS. ABRIL 2013.

Vídeo realizado polo Equipo de Dinamización da Lingua Galega do noso colexio con motivo do 150º aniversario da publicación de Cantares Gallegos, de Rosalía de Castro. Este vídeo presentouse ao concurso de audiovisuais "Imaxina Cantares", organizado polo EDLG provincial.

miércoles, 19 de diciembre de 2012

CELEBRACIÓN DO DÍA DA PALABRA

O día 23 de novembro de 2012 celebramos o Día da Palabra. Todo o alumnado do colexio, reunido no salón do comedor, elaborou un marcapáxina co lema "És o que les". Os alumnos  máis pequenos foron axudados polos máis grandes.


sábado, 23 de junio de 2012

EXCURSIÓN DE FIN DE CURSO. XUÑO DE 2012.

O día 21 de xuño de 2012 realizouse a excursión de fin de curso, que esta vez consistíu en realizar a "Rota xacobea polo mar de Arousa e o río Ulla". Previamente, alumnos e profesores, pola mañá, visitaron Combarro e andiveron polo paseo de Pedras Negras, en San Vicente do Mar. Despois de comer no Monte Xiradella, collimos o barco no porto de O Grove, que, despois de levarnos durante dúas horas marabillosas pola ría de Arousa e o río Ulla, deixounos en Pontecesures.

domingo, 20 de mayo de 2012

DECORANDO PARAUGAS

O día 16 de maio de 2012 realizouse esta actividade, enmarcada no contexto do Proxecto Comenius, adicado este bienio á auga. Foi unha bonita experiencia, na que o alumnado máis grande axudou aos máis pequenos.